Axuda

A pantalla principal da EIEL permite entrar na aplicación seleccionando un dos tres idiomas dispoñíbeis

Figura 1. Pantalla de entrada na webEIEL

1. Seccións principais da webEIEL

A aplicación webEIEL está organizada nas seguintes seccións, as máis importantes serán explicadas en detalle máis abaixo:

Páxina inicial

Esta páxina é a porta de entrada na Web e permite acceder ao seu contido elixindo o idioma desexado.

Mapas

Está composta polas seguintes subseccións:

- Mapas sintéticos

Reflicten nun mapa da provincia os niveis de servizos dos diferentes concellos, en función dunha serie de indicadores (índices sintéticos) definidos polo Ministerio de Administraciones Públicas.

- Mapas temáticos

Amosan a información dispoñíbel sobre a provincia en forma de mapas temáticos interactivos (mapa de rede viaria, saneamento, etc.). Os usuarios poden centrar as áreas que desexen para consultar a información relativa a calquera equipamento ou infraestrutura visíbel.

- Mapas predefinidos

Permiten descargar mapas temáticos predeterminados que representan a información máis significativa recollida na EIEL separada por comarcas ou concellos. Os mapas están dispoñíbeis en formato .pdf.

- Mapas históricos

Presenta enlaces a descargas de mapas históricos nos cales se poden obter mapas da provincia da Coruña.

Informes

Esta sección está organizada nas seguintes subseccións:

- Ficha Municipal

As fichas municipais conteñen unha serie de índices e indicadores que en conxunto proporcionarán índices sintéticos globais que permitirán valorar os concellos cunha soa variábel de gran utilidade para a análise a nivel comarcal ou provincial. A través desta sección, poderase descargar en formato .pdf as fichas municipais predefinidas para cada concello ou ben acceder a unha interface de consulta que accederá aos índices da ficha de forma dinámica.

- Ficha Personalizada

Permite acceder a os datos da ficha de forma interactiva, seleccionando a través de menús a información concreta a consultar. Cando a información amosada é relativa á equipamentos/infraestruturas, a ficha personalizada permite marcar nun mapa a localización destes equipamentos/infraestruturas.

- Ficha Provincial

Ofrece ao usuario datos estatísticos sobre a provincia, como superficie, número de habitantes, etc.

- Informes Predefinidos

Conteñen información alfanumérica dos equipamentos e infraestruturas do concello seleccionado. Os informes están dispoñíbeis en formato .pdf.

Nomenclátor

Buscador e localizador nun mapa dos topónimos rexistrados pola Deputación da Coruña sobre a provincia.

Metadatos

Os metadatos representan información de apoio sobre os elementos aos que fan referencia, e poden ser de utilidade para obter información ou facer búsquedas sobre entidades dese tipo de elementos, neste caso enfocado aos mapas e capas dispoñíbeis.

Documentación

Consta das seguintes subseccións:

- Datas de Actualización

Datas en que a información foi insertada nas bases de datos da Deputación.

- Equipos de Traballo

Persoal e medios dedicados a creación e mantemento da web.

- Traballos derivados

Permite acceder a diversos documentos e traballos que usen ou referencien datos obtidos da web da EIEL.

- Documentos de difusión

Páxina que contén a documentación, artigos relacionados, ou outros datos de interese sobre os proxectos webEIEL 2.0 e ideAC.

Colaboración

Páxina que contén a documentación, artigos relacionados, ou outros datos de interese sobre os proxectos webEIEL 2.0 e ideAC.

Nodo IdeAC

Describe as características do nodo ideAC, definido, identificado e clasificado dentro da rede de infraestruturas de datos espaciais de España. O nodo IdeAC da EIEL cumpre cos requisitos necesarios para estar integrado na rede global de IDE (GSDI).

gisEIEL

gisEIEL é unha aplicación de xestión de información xeográfica destinada aos técnicos da Diputación e dos Municipios. Proporciona todas as funcionalidades necesarias para a xestión dos datos da EIEL (Enquisa de Infraestructuras e Equipamientos Locais), análise de datos e validación de resultados así como a impresión de cartografía e informes.

- Introdución

Explica de forma xenérica en qué consiste o proxecto de gisEIEL

- Funcionalidades

Contén información sobre as diferentes tareas que se poden realizar con gisEIEL.

- Descargas

Permite descargar un executable e datos de proba de gisEIEL. Tamén da la opción de executar a aplicación dende a plataforma JavaWebStart.

- Licencia

Contén información sobre os desenvolvedores e sobre o contrato de licencia.

Contacto

Información de contacto dispoñíbel de cara aos usuarios para mellorar a web ou corrixir erros non detectados que poden aparecer ao longo do tempo.

Axuda

Axuda para comprender e facilitar o uso da web nas súas diversas seccións. Organízase nas seguintes seccións:

- Manual

Accede a unha páxina co manual de utilización da WebEIEL.

- Axuda en PDF

Permite descargar o manual da WebEIEL en formato PDF.

- Preguntas frecuentes

Contén respostas para as preguntas máis frecuentes sobre a web.

Aviso Legal

Aviso Legal sobre as condicións de uso dos datos da web.

2. Mapas sintéticos

Esta sección permite obtermos mapas da provincia da Coruña que amosan os niveis de equipamentos dos diferentes concellos, medidos en función de certos indicadores sintéticos.

mapa sintetico
Figura 2. Páxina de selección de índices sintéticos

Na Figura 2, o campo de selección Mapa permite elixir o tipo de indicador a representar no mapa, contido dentro dun Grupo, que acolle mapas dun certo tipo, o campo Tamaño permite elixir o tamaño no que se mostrará. Esta opción é útil para usuarios que teñan resolucións de pantalla pequenas (permite que o mapa se amose completo na súa pantalla) ou que teñan unha conexión a Internet lenta (canto maior é o mapa, máis tempo leva cargalo).

A opción Ver Metadatos obtén o metadato correspondente ao mapa seleccionado, máis adiante explicarase esta opción.

Unha vez seleccionados o mapa e o tamaño desexados, premerase o botón Entrar para que se abra unha nova xanela do navegador amosando o mapa.

Como se pode ver na Figura 3, o mapa presentará cada concello nun ton distinto, dependendo do valor do indicador seleccionado para ese concello. Á dereita do mapa poderase ver a súa lenda, indicando que rangos de valores son representados por cada ton.

Ao pé da lenda, a ligazón Fórmula permite acceder á formula utilizada para calcular o índice e a ligazón Imprimir Mapa permite obtermos un arquivo .pdf co mapa amosado. O usuario pode gravar no seu ordenador o arquivo ou imprimilo.

Á marxe esquerda da xanela do navegador amósase a listaxe completa de indicadores (co indicador seleccionado resaltado). Para cambiarmos o indicador amosado no mapa abondará con que premamos co rato sobre o nome do indicador en cuestión.

Premendo sobre calquera concello pódese ver o seu peso no Índice Sintético Global e os valores que toma para ese concello concreto.

indice de cultura
Figura 3. Mapa do índice sintético de Cultura

3. Mapas Temáticos

Nesta sección pódese seleccionar unha área da provincia de A Coruña para ver un mapa temático interactivo. A páxina de selección permite elixir o tipo de mapa e a área inicial na que se vai centrar:

mapa tematico
Figura 4. Páxina de selección de mapas temáticos

A páxina da Figura 4 permite seleccionar varias propiedades que definen o mapa que desexamos obter. Os campos de selección son:

* Mapa: permite elixir un dos seguintes mapas temáticos:

-Información xeral e equipamentos: Amosa información sobre os núcleos de poboación e clases de solo, así como sobre os equipamentos públicos dispoñíbeis.

-Rede viaria: Reflicte a información relativa á titularidade da rede viaria da provincia.

-Pavimentación viaria en núcleos:Contén información adicional sobre a tipoloxía da pavimentación no viario municipal.

-Abastecemento de auga: Amosa información relativa ás redes de abastecemento de auga.

-Saneamento: Presenta información relativa ás redes de saneamento.

-Outros servizos urbanísticos: Amosa información relativa a outros servizos urbanísticos, como iluminación pública, rede eléctrica ou recollida de lixo.

-Personalizado: Permite deseñar un mapa a medida, seleccionando as capas de información.

* Municipio: permite seleccionar o concello en que se centrará inicialmente o mapa, ten a mesma función que facer clic nun concello do mapa da dereita.

* Entidade, Núcleo EIEL, Núcleo (Nomenclátor): Posibilita centrar aínda máis a área amosada inicialmente no mapa, seleccionando a entidade ou, mesmo, o núcleo en que se debe centrar este.

* Tamaño: permite elixir o tamaño do mapa. Esta opción é útil para usuarios que teñan resolucións de pantalla pequenas (permite que o mapa se amose completo na súa pantalla) ou que teñan unha conexión a Internet lenta (canto maior é o mapa, máis tempo leva a súa carga).

* Ver Metadato: mostra o metadato asociado ao mapa que está seleccionado nese momento, os metadatos son datos referentes os propios mapas, capas ou elementos que os conteñen, e conteñen dende a entidade responsábel deles até o ámbito xeográfico no que están contidos.

* Tipo de Mapa: en calquera dos formatos elixidos permite ver toda a información recollida no mapa dun modo moito máis completo, cambiando as capas visíbeis, facendo medicións, elixindo elementos individuais de información, imprimindo, etc.

-Mapa EIEL: as capas base que se cargan, obtense da base de datos da EIEL.

-OpenStreetMap: as base que se cargan, obtense a través de OpenStreetMap.

Non é necesario cubrir todos os campos do formulario, cantos máis deixemos en branco máis xeral será a vista que obteñamos, aínda que sempre é mellor precisar para aforrarmos tempos de carga innecesarios no mapa mentres buscamos a zona concreta que queremos ver, normalmente canto máis grande é a superficie a representar maior é a cantidade de información requirida é maiores os tempos de carga.

Ademais temos que ter en conta que certas capas non son visíbeis até que cheguemos a un certo nivel de altura, por exemplo, as edificacións só se verán a un nivel bastante próximo ao solo, ou segundo a escala na que nos atopemos a definición dos elementos será maior ou menor.

 

Se pulsamos o botón "Entrar" unha vez seleccionados o tipo de mapa, a zona a amosar e o tamaño na pantalla de selección de Mapa Temático da Figura 4, saltaremos a un mapa con máis funcionalidades, os mapas temáticos dinámicos permiten un uso interactivo: posibilidade de elixir as capas visíbeis, saltar a un nivel de zoom concreto, xerar un arquivo .pdf co que visualizamos, ver a información dun elemento, etc.

Figura 5. Mapa temático con algunhas capas a un nivel baixo de escala

A xanela de presentación dos mapas temáticos que se amosa na Figura 5 está formada por catro zonas principais:

- O Mapa interactivo:

É a parte central e principal de xanela, onde se ve o mapa da zona seleccionada. Permite a interacción do usuario co mapa mediante o uso do rato e a selección da icona axeitada na barra de ferramentas. Ao desprazármonos co rato sobre o mapa, selecciónase automaticamente o elemento que hai debaixo, resaltándoo. Ademais, coa axuda da barra de ferramentas, pódese navegar polo mapa e consultar a información dispoñíbel sobre o obxecto seleccionado.

- A Barra de ferramentas dinámica:

Localizada na parte superior da xanela, permite seleccionar o tipo de acción que se realizará cando usamos o rato sobre o mapa interactivo. As ferramentas dispoñíbeis son:

Achegar (): con esta ferramenta seleccionada, ao premermos co rato sobre algunha zona do mapa, céntrase nela, achegándonos mediante ampliación da escala.

Afastar (): ao premermos nun punto do mapa con esta ferramenta seleccionada, o mapa céntrase nel, afastándoos mediante a diminución da escala.

Zoom de zona (): permite seleccionar a zona en que se vai centrar o mapa. Con esta ferramenta seleccionada, prémese unha vez nun canto da zona que se quere amosar e, a seguir, prémese unha segunda vez no outro extremo da zona seleccionada. O mapa centrarase na área do mapa localizada entre ambos os 2 puntos.

Desprazar (): con esta ferramenta seleccionada, podemos desprazar o mapa para ver as zonas próximas. Para usala, prémese nun punto do mapa e, a seguir, desprazamos o mapa para obtermos a zona que desexamos ver.

Información (): esta ferramenta permite ver a información asociada a calquera elemento do mapa. Para isto, basta con premermos co rato sobre o obxecto de que se desexa obter información (asegurémonos de que o mapa interactivo está seleccionando ese obxecto), e abrirase unha nova xanela do navegador amosando a información dispoñíbel sobre ese obxecto.

Distancia (): permite medir distancias no mapa entre 2 puntos. Estes 2 puntos selecciónanse premendo sobre eles no mapa e a distancia amósase (en metros) no recadro branco situado á dereita da barra de ferramentas.

Área (): permite medir áreas no mapa do recadro delimitado por 2 puntos. Estes 2 puntos selecciónanse premendo sobre eles no mapa e a área (en metros cadrados) amósase no recadro branco situado á dereita da barra de ferramentas.

Imprimir (): permite xerar un arquivo .pdf co mapa que se está vendo en pantalla e baixalo ao ordenador do usuario. Antes de xerar o mapa, pódese personalizar indicando a data, un título e o nome do concello.

Ordenar capas (): permite ordenar as diferentes capas que se mostran na xanela

Ver en Google Earth (): permite ver as capas en Google Earth.

Enlace URL (): permite xerar un enlace url co código necesario para incrustar o mapa en calquera páxina web.

- A Lenda:

Localizada na parte esquerda da xanela, permite seleccionar que información se presenta no mapa. As diferentes capas de información agrúpanse en diferentes categorías. As categorías están representadas polos textos con fondo verde que aparecen na lenda. Ao seleccionarmos unha, desprégase amosando todas as capas de información da categoría. Para cada unha delas, unha caixa de selección á esquerda permite elixir se esa capa aparecerá no mapa ou non. Á dereita do nome da capa de información, amósase a simboloxía usada para a representar no mapa. Se a capa non está sendo amosada no mapa por non ser conveniente representala á súa escala actual, amósase o texto N.V. (non visíbel). Pódense facer todos os cambios que se precisen sobre calquera mapa, engadindo e quitando capas e mudando a escala e a zona representada.

- A Informacion de Contexto:

Amosada na zona inferior da páxina, presenta, sobre unha imaxe da provincia, cal é a zona que se está a ver no mapa. Ademais, ofrece certa información adicional como, por exemplo, a escala de visualización do mapa, a pirámide que se ve na parte inferior dereita pode premerse para subir ou baixar na altura a que vemos o mapa, sendo útil para moverse máis rapidamente a un nivel de escala máis alto.

4. Seccións de elementos descargábeis

Existen unha serie de seccións que permiten descargar mapas ou conxuntos de datos alfanuméricos en forma de arquivos .pdf: Mapas Predefinidos, Ficha Municipal, Informes Predefinidos, Traballos Derivados ou Documentos de difusión.

mapas predefinidos
Figura 6. Páxina de selección de mapas predefinidos

Se os documentos poden relacionarse con algunha comarca, municipio ou elemento concreto móstranse todos estes elementos susceptíbeis de teren un documento asociado, como podemos ver na Figura 6, no caso dos Mapas Predefinidos, ademais eses enlaces poden levarnos a outra páxina que contén os documentos ordenados por seccións, no caso dos Predefinidos estas veñen dadas polos seguintes tipos:

Información xeral e equipamentos: Contén información xeral relativa á clasificación urbanística e aos usos característicos, así coma nos equipamentos públicos dispoñíbeis. Esta información xeral de carácter urbanístico ten só valor estatístico sen consecuencia legal ningunha. A delimitación dos núcleos de poboación aparece ás veces modificada en relación ao planeamento vixente e integra as clases autonómicas de solo urbano e de núcleo rural.

Rede viaria:Amosa a información relativa á rede viaria do concello.

Pavimentación viaria en núcleos: Engade información sobre o tipo de pavimentación viaria nos diferentes núcleos do concello.

Abastecemento de auga:Reflicte información relativa ás redes de abastecemento de auga.

Saneamento: Presenta a información relativa ás redes de saneamento.

Outros servizos urbanísticos: Amosa información relativa aos servizos urbanísticos, como iluminación pública, rede eléctrica ou recollida de lixo.

5. Seccións de Metadatos

Contén a información relativa os metadatos almacenados sobre distintos elementos almacenados e mostrados nas bases de datos da EIEL.

Os metadatos representan información importante ou de apoio sobre os elementos aos que fan referencia, e poden ser de utilidade para obter información ou facer búsquedas sobre entidades dese tipo de elementos, neste caso enfocado aos mapas e capas dispoñíbeis.

listar metadatos
Figura 7. Páxina de búsqueda dos metadatos

Se por exemplo queremos obter unha lista dos metadatos das capas da webEIEL, debemos premer sobre a ligazón Listar da opcion En Capas. Por outra banda, se o que queremos é saber se existe algún mapa con metadatos coa palabra Rede no seu título entramos na opción de procura dos mapas e indicámosllo no campo Búsqueda. Aparecerá unha listaxe das posibilidades e poderemos navegar a través dos metadatos contidos nese elemento.

A esta mesma información tamén se pode chegar pulsando directamente nos botóns de Ver Metadato asociados aos elementos ao longo da web, como no caso das seccións Mapa Predefinidos ou Temáticos, por exemplo.

metadatos
Figura 8. Representación de un metadato asociado a un elemento mapa

Cada un dos títulos ou subtítulos desta páxina pódense expandir ou encoller para unha mellor visualización global, ou localización específica, dalgún valor do elemento, como podemos ver na páxina da Figura 7.

6. Nomenclátor

O Nomenclátor recolle un modo doado e sinxelo de atopar calquera topónimo recollido na Deputación, e posúe unha interface similar a un mapa Temático Estático.

Figura 9. Pantalla Inicial do Nomenclator

Para atopalo deberemos escribir o nome no campo Nome, e en Corcondancia indicarlle se é o nome exacto ou forma parte do que buscamos, por se existen varios nomes que casen con el, ou que o conteñan, ou se queremos precisamente saber se existen distintos lugares cos nomes que lle subministramos, marcando as opcións Calquera Palabra ou Todas as Palabras.

Se quixeramos restrinxir a busca a un Municipio, Parroquia ou Poboación podemos usar Tipo, e se queremos restrinxir xeograficamente onde pode estar o noso nome buscado, pulsaremos Selección por Zona, e marcaremos a ferramenta do cadrado punteado onde queremos buscar.

7. Notas sobre outras seccións

- Suxestións

Esta sección permite enviar algunha suxestión ou consulta ao Servizo da Deputación Provincial responsábel deste proxecto, sendo esta a canle máis axeitada para facelo. Estaremos gustosos de recibir calquera suxestión.

- Visualización de arquivos pdf

Todos os arquivos dispoñíbeis para a descarga nesta Web son arquivos .pdf. Estes arquivos poden ser visualizados directamente dende calquera navegador se este ten instalado o programa axeitado. No caso contrario, para visualizalos e imprimir, é preciso usar a ferramenta Acrobat Reader de Adobe, que se pode descargar gratuitamente.