gisEIEL - Soporte á comunidad
Coordinación do proxecto

O desenvolvemento de gisEIEL coordinase mediante as seguintes ferramentas de traballo colaborativo:

Código de conduta (Basado no código de conduta do Proxecto Ubuntu)

Este Código de Conduta regulamenta o comportamento dos membros da comunidade gisEIEL nos foros, listaxes de distribución de correo, wikis, sitios web, canles IRC, gisEIEL, parties, eventos públicos ou correspondencia privada relativa ao proxecto. A Comisión Técnica de Seguimento de gisEIEL actuará de árbrito en calquera discusión sobre o comportamento de membros da comunidade.

  • Sé considerado. O teu traballo será utilizado por outras persoas e, a cambio, ti dependerás dos demais. Calquera decisión que tomes afectará aos usuarios e colegas e esperamos que teñas en conta esas consecuencias cando adoptes calquera determinación. Por exemplo, cando se acorde unha pausa de desenvolvemento, por favor, non subas versións sensibelmente novas de arquivos críticos do sistema, xa que outros compañeiros poden estar a facer probas sobre as versións conxeladas sen contar con grandes mudanzas sobre estas.
  • Sé respectuoso. Os membros da Comunidade gisEIEL hanse de tratar, entre si, de forma respectuosa. Calquera pode facer unha achega valiosa ao proxecto. Pode que nos esteamos sempre de acordo en todo, mais o desacordo non é excusa para termos un comportamento irrespectuoso ou malos modos. Nalgúns momentos, todos podemos sofrer frustracións, mais non se permitirá que estas se traduzan en ataques persoais contra outros membros da nosa Comunidade. é claro que unha comunidade en que os seus membros están incómodos ou maltratados non será, xamais, unha comunidade produtiva. Por iso, esperamos dos membros da Comunidade gisEIEL que sexan respectuosos cando traten con outros colaboradores en desenvolvemento ou usuarios e, así mesmo, con persoas externas á nosa comunidade.
  • Móstrate colaborador. gisEIEL e o Sóftware Libre baséanse na colaboración e no traballo en equipa. A colaboración reduce a posíbel redundancia no traballo realizado e mellora a calidade do sóftware desenvolvido. En consecuencia, terás que colaborar activamente con outros colaboradores en desenvolvemento, mantedores ou persoas interesadas no noso proxecto. O teu traballo debe ser realizado de xeito transparente para o resto da Comunidade e os parches a gisEIEL deben ser achegados á comunidade tan axiña como estean desenvolvidos, non se ten de agaradar ao momento de liberar unha próxima versión. Se quixer desenvolver novo código para un proxecto común, como mínimo debes manter informado ao proxecto das túas ideas e da evolución do teu traballo. é posíbel que inicialmente non obteñas o consenso do proxecto ou dos teus colegas máis inmediatos sobre como implementar unha idea, aínda así, non agardes a ter o visto e prace de todos para empezares a traballar, mais, cando menos, mantén informada á Comunidade sobre que é o que estás a facer e publica o teu traballo tan pronto como obteñas resultados que permitan que outros colegas o proben, o discutan ou decidan colaborar contigo.
  • Cando non esteas de acordo, consulta a outros. A Comunidade gisEIEL non está libre de que se produzan desacordos, tanto organizativos como técnicos. O noso obxectivo non debe ser evitalos, senón que se resolvan de forma construtiva. En todo momento, débese acudir á Comunidade e aos seus órganos de decisión para a resolución dos desacordos que poidan xurdir. En última instancia, a Comisión Técnica de Seguimento do proxecto tomará as decisións finais que resolvan os conflitos. Poderanse nomear, tamén, varios Equipas de Proxecto e Coordenadores de Equipa que te axudarán a decidir cal será a liña de actuación máis aceptábel. Se, a pesar de todo, estás realmente decidido a tomar un camiño alternativo ao oficial, recomendámosche que inicies unha distribución alternativa usando as ferramentas do Proxecto gisEIEL, de xeito que a comunidade poida probar as túas mudanzas e ideas e contribuír, construtivamente, á discusión.
  • Cando dubides, pide axuda. Ninguén está en posesión da verdade absoluta e estamos seguros de que na Comunidade gisEIEL ninguén é perfecto (agás, por suposto, os membros da CTS). Presentar dúbidas evita que se cometan moitos erros e, por iso, anímase a preguntar. Quen teñan que contestar farano de forma responsábel e con vontade de axudar. En calquera caso, cando se formulen preguntas, deberán ser remitidas ao foro adecuado. As cuestións presentadas fóra de contexto (Off-topic), tales como as peticións de axuda sobre a utilización do sóftware a unha listaxe de desenvolvemento, afectan á discusión produtiva.
  • Renuncia de forma considerada. En todo proxecto de sóftware libre, os colaboradores en desenvolvemento van e veñen e gisEIEL non é diferente nisto. Cando abandones total ou parcialmente o proxecto, faino de tal xeito que se minimicen os posíbeis efectos negativos sobre o normal desenvolvemento deste. Isto significa que deberás avisar á Comunidade de que abandonas e asegurarte de que outros colaboradores poidan retomar o teu traballo onde o deixaches.

 

Os códigos de conduta de gisEIEL e Ubuntu están distribuídos baixo a licenza Creative Commons Attribution-Share Alike 3.0. Podes reutilizalos para o teu propio proxecto e modificalos segundo o teu interese, sempre e cando permitas que outros fagan uso das túas modificacións e fagas mencións aos proxectos gisEIEL e Ubuntu!