Nodo ideAC
Nodo: ideAC, a IDE da Deputación Provincial da Coruña
Ámbito: Provincia da Coruña
Responsabilidades: Proveer á rede IDE con datos básicos e temáticos da provincia da Coruña recollidos a escalas maiores que 1/10.000, con xeralizacións a escalas menores destes mesmos datos, e con servizos interoperables relacionados cós mesmos. Xestionar, coordinar e supervisar a IDE provincial e corporativa.
Rol: Proveedor oficial dos datos xeorreferenciados da EIEL da Coruña e da rede provincial de estradas, así como daqueles outros que se poidan incorporar no futuro.

As IDE (Infraestruturas de Datos Espaciáis) son o conxunto de datos, servizos, estándares, recomendacións, medidas organizativas, políticas e disposicións que permiten o intercambio de Información Xeográfica (IX) dixital en condicións que faciliten a súa búsqueda, visualización e utilización, independentemente de qué ferramentas informáticas se empreguen para elo.

No caso europeo, están reguladas pola Directiva INSPIRE (The Infrastructure of Spatial InfoRmation in Europe), e no caso particular de España ademáis polas recomendacións aprobadas polo Grupo de Traballo da IDE de España (GT-IDEE), do Consello Superior Xeográfico.

Un nodo IDE é polo tanto un punto de acceso á rede IDE, ademáis dun servidor de información xeográfica.

O nodo ideAC, definido, identificado e clasificado dentro da rede IDEE segundo os datos contidos na táboa contida nesta páxina, cumple cós requisitos necesarios para estar integrado na rede global de IDE (GSDI). Actualmente, na súa primeira fase de implantación, consta dos seguintes servizos:

  • 1. (+) Servidor de Mapas (WMS): http://www.dicoruna.es/webeiel/ideac/wms
  • 2. (+) Servidor de Fenómenos (WFS): http://www.dicoruna.es/webeiel/ideac/wfs
  • 3. (+) Servizo de Catálogo de Metadatos: http://www.dicoruna.es/webeiel/ideac/scm
  • 4. (+) Servizo de Nomenclátor: http://www.dicoruna.es/webeiel/ideac/snm

 

Ademáis, intégrase un servidor de impresión, que ofrece a posibilidade de imprimir dun xeito práctico e agradable, a un arquivo dixital en formato pdf, os mapas visualizados, tanto nos seus formatos estáticos como dinámicos.

O conxunto da aplicacion webEIEL está construido como un cliente do nodo ideAC, polo que as tarefas de búsqueda e visualización da información poden realizarse directamente desde as distintas seccións de esta web, mentres que o acceso ós datos debe realizarse desde as URL indicadas nos parágrafos anteriores.